Co último trago de viño deitouse
trabando nos beizos ó final do vaso.
Tiña gaña de que ó día seguise
o día perdido, en fin, a noite
antes de deitarse sempre demoraba a caída
e soñaba esperto poder alongalo até a fin...
Pensaba en mulleres durmidas,
nunha orda de homes sonámbulosen poder arrebatar seus corpos
e que ninguén se percatase, en deixalo ir,
e logo daba en chorar polo amor que non ten cura,
en mandarlle un wassap.
Que hai de novo nun día que pasou
e iso é todo. Qué hai de vida en non ter vida,
en que a vida sexa de outro, que non aparece,
coma o ser de barro do Borges, imaxinando
soñando alguén que nos soña.
O ben máis preciado é poder contalo
e iso é todo.
Todo, amigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario