jueves, 9 de junio de 2011

Liberdade


Teño liberdade para enfermarme
coma un neno que pon o termómetro
a carón da bombilla
para faltar á clase

Teño dereito a enfermar
empregalo coma excusa
para faiar á monotonía
ós deberes da tarde
a non acodir ás citas
a deixar o móvil apagado
a non respostar
rañando no embigo

e a pensar que quixera estar así
o resto da vida

Mais logo entra a fame
toca erguerse
asolagarse
disfrazarse
mentirse
foderse
colgarse
esquecerse
sentirse
mal.

Pasaporte para unha suite de falsa eternidade
os dedos que abren son de muller
as que pechan son as unllas afiadas
do mesmo diaño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario